ERASMUS+ IES de RODEIRA NO COVID19

Loitamos contra a fenda dixital do noso alumnado!!

Para intentar minimizar a desigualdade, na medida das nosas posibilidades, aportamos material informático para deixar en préstamo ao alumnado do IES de Rodeira mentres dure o periodo do confinamento.

FCT online!!

A pesar da suspensión das mobilidades Erasmus+ as nosas alumnas, Naiara e Jennifer, do C.M. de Xestión Administrativa seguen realizando a súas prácticas dende a casa.

Adaptación!!

No IES de Rodeira embarcámonos no proxecto europeo “Vinculándonos con Europa” entre o 2018 e o 2020. Coa pandemia do Covid-19 frustrouse a nosa idea de trasladar os coñecementos adquiridos á comunidade dunha forma presencial. Adaptámonos para intentar axudar a mellorar a ensinanza e o aprendizaxe na distancia.

Dende aquí queremos agradecer a todo o persoal do servizo sanitario que está especialmente implicado en normalizar o funcionamento da sociedade actualmente. Tamén a todos aqueles que, dende o seu traballo en tendas, farmacias, limpeza ou calquera outro servizo que estea de chamada e alerta, nos permitan reincorporarnos á tarefa diaria canto antes. Grazas polo voso traballo, pola vosa adicación sen descanso e os valores que representades. Sen vós non sería posible avanzar nesta situación.

Afiánzanse os contactos con institutos portugueses mediante a xestión de prácticas profesionais para o seu alumnado durante o curso 2019-2020 en empresas da comarca.