Estou moi contento. Todo me vai moi ben. O meu Erasmus rematou en xuño e estendino ata outubro. Estou traballando en SABFORMA, academia de formación do grupo Sabsega que é unha multinacional que traballa no mundo dos seguros. Dedícome a preparar os cartafoles, para as persoas que veñen a adestrar aquí, e a documentación que enviamos a todas os lugares de Portugal. Tamén me encargo de dixitalizar os ficheiros de persoas xa formadas para que estean na base de datos.

Contratei o aloxamento con bragamob, non é moi caro, pago 400 / mes pero con todos os gastos incluídos: a auga, electricidade, gas, internet e ante calquera problema que xurda axúdante.

Dende que estiven alí, a verdade é que levo un tipo de vida diferente. Síntome moito máis produtivo.

Se alguén planea facer un Erasmus, recoméndollo encarecidamente!.