Sofía

É unha cidade multicultural; é a única na que vin unha mesquita, unha sinagoga, unha igrexa católica e unha ortodoxa na mesma praza. Tamén hai unha comunidade española importante (coñecín uns 20 españois)

Ten preto de 2 millóns de habitantes (como Barcelona aprox.). A moeda é a leva, 2 levas equivalen a 1 euro.

O poder adquisitivo dunha leva é moi similar ao euro, son algúns exemplos: aluguer de habitación: 250lv – 400lv, facturas: auga (40lv) electricidade (25lv), 1 viaxe de metro: 1,6lv, unha cervexa: búlgara 3lv/ 0,5 l e importación 5lv/0,5l, unha cea: 8-15lv .

Os búlgaros teñen unha forma de ser semellante a nosa. Danlle moita importancia á familia e se poden axudarche fanno.

Gústalles xuntarse cos amigos para cear e tomar unhas cervexas. Cean tarde, é habitual velos ás 21:00 no centro.

A comida é xeralmente boa e variada (máis abundante en carne que a nosa). Algúns pratos típicos son: banitsa, musaka, pementos recheos ou ensalada de shopka.

O clima é suave ata decembro, as temperaturas oscilan entre 20 e 8 graos con pouca choiva. A partir de decembro vai frío, 3 ou 4 graos durante o día e pola noite baixo cero.

Traballei baixo as ordes do Dr Todor Balabanov, membro da Academia Búlgara de Ciencias, aprendín moito por mencionar algunhas cousas: métodos matemáticos e algoritmos xenéticos en Java, optimización de funcións para libre office, revisión do traballo dos seus estudantes de doutoramento.

Tamén me deu consellos sobre como afrontar unha entrevista de traballo e axudoume a establecer unha rede de contactos profesionais e persoais en Sofía, estoulle moi agradecido.

Agradezo ao IES de Rodeira a oportunidade de facer prácticas no estranxeiro e a Serxio Nunes a súa profesionalidade, axuda coa burocracia e atención personalizada durante toda a duración do programa Erasmus +.