Entre o día 15 e o 26 de xullo de 2019 Manuel Sánchez Fernández, do departamento de Informática,  realizau o curso: “There is an App for That! Exploring the Best Apps for Teaching and Student Learning & Integrating Creativity and Innovation into Teaching”.

O curso versaba sobre o uso de novas tecnoloxías na aula e innovación educativa.

Estaba composto por profesorado de diferentes nacionalidades: Hungría, Alemaña, Italia, Bulgaria, Portugal, Croacia e España.

Durante as dúas semanas que durou traballou distintos eidos: na compartición de recursos co alumnado, traballo colaborativo, presentacións, avaliación, uso de vídeo e foto na educación, etc.

Tamén fixo un tour pola cidade onde un profesor especialista contoulles curiosidades sobre a historia da cidade, o país e os escritores máis famosos.

Unha experiencia moi positiva, non só polo aprendido do uso das TICs na aula senón tamén por compartir experiencias con outros europeos, ver o seu modo de ensino, os seus problemas (que son iguais aos nosos) .

Mellorou a súa competencia lingüística e reforzou a confianza de cara á desenvolver a sección bilingüe na materia optativa de TIC de primeiro de bacharelato.