VINCULÁNDONOS CON EUROPA
No mes de xuño de 2019, do 17 ao 28, a profesora Patricia Caride Rivas, do departamento de Francés visitou Florencia para realizar o curso “Classeroom Manegement solutions for teachers“
Compartiu experiencias, coñeceu outros sistemas educativos e formas de traballar de países tan diversos coma poden ser Suiza, Finlandia, Polonia e Xordania. O curso comezou con xogos de presentación e debate sobre a definición de “classrom management”. Analizaron vídeos sobre experiencias educativas singulares, sobre o papel do docente e do alumno na aula e o sobre o proceso da ensinanza-aprendizaxe.
O segundo día trataron a resolución de conflictos na aula, tanto entre o docente e o alumnado como entre o propio alumnado. Analizaron e debateron sobre as formas de actuar do docente para conducir a aula e a importancia de transmitir pautas claras e concisas. Estableceron que as pautas prioritarias deberían ser: empatizar co alumnado, animar á participación, establecer un bo contacto visual, autenticidade e respecto na aula.
Fixeron unha visita guiada a cargo dun profesor de Europass, este ensinoulles lugares menos turistícos, pero de gran importancia para os florentinos, como a Chiesa degli Innocenti, un orfanato que data do renacemento e que a data de hoxe segue en activo, un dos primeiros proxectos do precursor do Renacemento florentino, Brunelleschi.
O terceiro día analizaron a incorporación do Flipped Classroom ás aulas. Concepto consistente en facer as clases ao revés do xeito tradicional. O alumnado prepararía a teoría na casa, coa axuda de vídeos, e na aula realizaría a parte práctica mediante tarefas individuais e en grupo. Analizaron o gran reto “como motivar ao alumnado”
No cuarto día trataron: Board Race, Task Based Learning, Full Plan e Projet Based Learning.
Pola tarde realizaron unha visita guiada polo casco histórico da cidade. Un percorrido polos edificios máis emblemáticos do Renacemento florentino a través da historia da cidade e da historia da familia Medici, unha das maís coñecidas polo seu mecenazgo.
O quinto día abordaron Expert Advice. Provide feedback. Cada docente recibe un par de problemas propostos polos compañeiros, de situacións reais que desexarían mellorar nas súas aulas, os demais teñen que propoñer solucións ou alternativas. Traballaron na avaliación, tanto do alumnado como do profesorado. Unha práctica que busca descubrir as posibilidades de cada un a partir da crítica mutua construtiva. Como ferramentas de avaliación empregaron as rúbricas e o portfolio. Pola tarde visitaron a Galleria degli Uffizi.
Na segunda semana desenvolveron o curso “Photo and video in your classroom”
Ademais das partes técnicas para a creación de fotos e vídeos abordaron a parte legal, o copyright e as licenzas Creative Commons. Analizaron a posibilidade de empregar YouTube coma un un servizo de aloxamento gratuíto no que poder almacenar e compartir os vídeos. Na edición de vídeo traballaron cos programas OBS e DaVinci Risolve . Descargaron sons para os efectos especiais dende BBC Sounds Effects.
Visitaron a praza e a igrexa da Santa Croce, unha das máis emblemáticas de Florencia, e sen dúbida a máis impresionante, tanto polo seu valor arquitectónico, como porque acolle as sepulturas de moitos persoaxes ilustres do renacemento italiano: Dante, Rafael, Machiavello, Galileo …
A última visita guiada foi a vila etrusca de Fiésole, de gran valor patrimonial polos restos arqueolóxicos etruscos e románicos. Destacan os muros etruscos e as termas, igrexa e anfiteatro romanos. Está situada nun outeiro sobre os vals Arno e Mugnone, a 8 km de Florencia, polo que as vistas panorámicas de dita cidade son excepcionais.