A mobilidade Erasmus realiceina en Bournemouth, no Reino Unido, desde o 16/09/19 ata o 28/11/19.

Esta localidade do condado de Dorset ten aeroporto con conexión con Mallorca. Entón para chegar collín un voo Santiago de Compostela – Mallorca e Mallorca – Bournemouth. Unha vez alí despraceime ó centro da cidade en autobús.

Bournemouth é unha cidade que se atopa no sur de Inglaterra. Durante o ano é unha cidade con moito ambiente universitario e no verán acolle moito turismo, debido ó seu longo areal. A pesar de non ser unha cidade demasiado grande conta con todas as comodidades e locales de cadeas multinacionais. O clima é moi similar pero fai máis frío. Durante a miña estancia choveu máis da metade dos días.

Bournemouth é unha cidade universitaria, con estudiantes do Reino Unido e europeos. O feito de que a mobilidade dure menos de 3 meses dificulta o atopar un piso ou unha habitación dados os requerimentos que piden (recomendación, nómina, etc)

Para evitar estas complicacións, o aloxamento leveino xa contratado mediante unha axencia. Optei por unha habitación no centro da cidade, a diferenza de prezo respecto a unha nas aforas tendo en conta o abono do autobús era practicamente nula. As habitacións alúganse por semanas, e normalmente inclúen todos os gastos (auga, luz, lixo, tv, etc)

A empresa onde realicei a mobilidade chámase Digital Storm. É unha axencia de márketing a publicidade. Realizan todo tipo de proxectos desde deseño gráfico de tarxetas e panfletos hasta páxinas web, pasando por xestión de redes sociais ou marketing por correo electrónico.

A miña función era principalmente desarrollar páxinas web seguindo as directrices do equipo de deseño. Pero tamén realicei outras tarefas como solucionar problemas técnicos ou actualizar os servidores.

A maiores tamén aprendín algunha noción sobre SEO e marketing. Creo que é importante non cerrarse nas funcións que se queren desempeñar, e adaptarse para aprender cousas novas. Co paso dos días cóllese a rutina con facilidade e adáptaste ben ao ritmo de traballo.

O idioma é importante para realizar o traballo seguindo as directrices do encargado. Eu non tiven problemas co idioma, de todos xeitos a plataforma de Erasmus ofrece material online para mellorar o nivel do idioma se se precisa.

O ambiente de traballo foi bo e realizábanse actividades lúdicas conxuntas, como a colocación dos adornos de nadal na oficina ou un concurso de disfraces de halloween onde o ganador elexía o xantar.

A mobilidade Erasmus+, para min, foi unha experiencia moi positiva tanto no aspecto personal como profesional.

Eu animaría a calquera persona que esté pensando en realizar unha mobilidade coa beca Erasmus a que a fixera. Son dous meses e dúas semanas, nos que se aprenden nocións e valores moi útiles.