Daniel Sotelo Pérez, alumno do centro , acadou un dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2018/19, concedidos pola Orde do 2 de novembro da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, publicada o 10 de novembro no Diario Oficial de Galicia. 

Este premio, recoñece e valora o esforzo e a dedicación que Daniel realizou no transcurso dos seus estudos de formación profesional, se cabe, ten máis mérito por ter sido acadado en plena crise sanitaria provocada polo SARS-CoV-2 (COVID-19). 

Pode lerse a nova na seguinte ligazón https://morrazonoticias.com/el-mejor-alumno-de-formacion-profesional-es-de-bueu-mi-familia-esta-muy-orgullosa/

Parabéns, Daniel!!!