Ábrese a convocatoria para cubrir 3 bolsas, destinadas ao alumnado titulado de Ciclos Medios, para realizar prácticas laborais en empresas ou organismos de países da Unión Europea.
Descarga a instancia de participación. Entrégaa cuberta no enderezo
programaseuropeos.iesrodeira@gmail.com.
O prazo para presentar a instancia é dunha semana, dende o día 10 até o 17 de maio incluído.
Se tes algunha dúbida ponte en contacto con nós.
Convocatoria realizada mediante o consorcio coa deputación de Pontevedra, programa PracticumDepo.