Rematado o prazo de presentación de solicitudes para cubrir tres bolsas Erasmus+ destinadas ao alumnado de Ciclos Medios, dentro da convocatoria 2021 no programa “PracticumDepo 2020”, faise pública a LISTAXE PROVISIONAL de candidaturas seleccionadas por orde alfabética.
ALUMNADO SELECCIONADO | CICLO FORMATIVO |
Raquel Aguete Lorenzo | Ciclo Medio de Xestión Administrativa |
Iván Sánchez Santos | Ciclo Medio Instalación de Telecomunicacións |
Ábrese un prazo de 5 días naturais para presentar alegacións e reclamacións á adxudicación provisional. Deberán presentarse mediante un escrito dirixido á Comisión Coordinadora no enderezo de correo electrónico programaseuropeos.iesrodeira@gmail.com.
Dado que o número de solicitudes presentadas é menor que o número de bolsas ofertadas, de non producirse ningunha disconformidade coa adxudicación provisional entón esta pasará a ser definitiva.
Convocatoria realizada mediante o consorcio coa deputación de Pontevedra, programa PracticumDepo.