Ábrese a convocatoria para o persoal do centro para cubrir unha mobilidade en Malta, está destinada ao acompañamento do alumnado de ciclos medios, que vai realizar as súas prácticas laborais no mes de xullo, e á visita da empresa (ou empresas) de acollida.
Esta mobilidade está financiada a través do programa Erasmus+, proxecto KA103, e deberá realizarse nas primeiras semanas do mes de xullo do 2021. As mobilidades faranse con todas as medidas COVID-19.
Poderá participar o profesorado e o persoal de servizos e administración do centro, dadas as características especiais desta convocatoria terá preferencia o PROFESORADO dos CICLOS MEDIOS e o profesorado colaborador de Programas Europeos do IES de Rodeira .
O persoal interesado deberá cubrir a solicitude de participación e enviala xunto coa xustificación dos méritos alegados por correo ao enderezo programaseuropeos.iesrodeira@gmail.com.
A data tope de presentación é o 15 de xuño do 2021. Na solicitude pódense consultar os criterios de baremación.
RECLAMACIÓNS: Durante os 5 días LECTIVOS seguintes á publicación da listaxe provisional.
RESOLUCIÓN: A publicación da listaxe definitiva farase a partir do terceiro día lectivo dende o último de reclamación.
PUBLICACIÓN: A listaxe definitiva farase pública nesta web.
DURACIÓN DA MOBILIDADE: 3 días financiados (aproximadamente 570 € ).