Os docentes Bernardo Alonso Álvarez e Guillermo Rodríguez Carballide realizaron unha mobilidade Erasmus+ en Brasov, Romanía, do 7 ao 11 de xuño de 2021.
Coñeceron as instalacións da Celta Brasov Academy, escola de fútbol base vinculada ao club de fútbol CS Coltea Brasov, que ten un convenio co RC Celta de Vigo para implantar o “método Celta” para a xestión das canteiras en equipos de fútbol.
Comprobaron a boa sintonía por parte da Celta Brasov Academy para acoller alumnado con bolsas Erasmus+ para facer as súas prácticas da FCT, de feito xa se está a traballar coa posibilidade de que un alumno do CS de administración e finanzas realice unha estadía nesta institución a partir de setembro de 2021.
Romanía é un pais acolledor e fermoso, maiormente descoñecido para nós, pero que ofrece grandes posibilidades para o noso alumnado.