Ábrese a convocatoria para cubrir unha mobilidade docente a empresas, escolas ou institucións europeas co obxecto de procurar prácticas profesionais para o noso alumnado de ciclos medios, a través do noso consorcio coa Deputación de Pontevedra. A mobilidade deberá realizarse con anterioridade ao 31 de Maio do 2020.
Poderá participar calquera DOCENTE dos CICLOS MEDIOS do IES de Rodeira.
O persoal interesado deberá enviar un correo, antes do 15 de xaneiro do 2020, á conta de programaseuropeos.iesrodeira@gmail.com manifestando a súa vontade de participación.
Resolución mobilidade de docentes C.M. 19/20

