Os docentes Bernardo Alonso Álvarez e Guillermo Rodríguez Carballide realizaron unha mobilidade Erasmus+ en Brasov, Romanía, do 7 ao 11 de xuño de 2021.

Tiveron a ocasión de visitar un centro de ensino secundario, no que un dos  nosos alumnos do ciclo superior de sistemas informáticos en rede desenvolveu a súa FCT. Nese tempo o  estudante adaptou a web do centro de acollida para o seu acceso dende teléfonos móbiles.

O obxectivo principal é manter o contacto co Liceul Tehnologic “Vasile Sav” en Roman, para que futuro alumnado  interesado poida facer alí as súas prácticas e incluso iniciar proxectos conxuntos co departamento informático. 

Romanía é un pais acolledor e fermoso, maiormente descoñecido para nós, pero que ofrece grandes  posibilidades para o noso alumnado.