Mª Xosefa Martínez Fernández, profesora de Lingüa e literatura galega, realizou unha mobilidade Erasmus+ na Universidade Sénior Eugénio de Andrade de Porto, Portugal, do 13 ao 15 de outubro de 2021. Visitou as instalacións do centro, situado nos terreos da Câmara (Concello) do Porto, as aulas destinadas á Universidade Sénior, as instalacións deportivas, a biblioteca e distintos auditorios.
Ao longo deses días realizou as seguintes actividades:
Visita guiada a cargo da responsable de coordinación pedagóxica polas distintas dependencias do CCD Porto.
Observación e conversa coas persoas que participan nas distintas actividades.
Información sobre Animación cultural e eventos relacionados coa literatura organizado por persoas achegadas á Universidade Sénior Eugénio de Andrade.
Visita ao Museo de Arte Contemporánea da Fundación Serralves.
Cristina del Río Lamela, mestra de Ensinanzas para persoas adultas, realizou unha mobilidade Erasmus+, modalidade A1. Jobshadowing, na Universidade Sénior Eugénio de Andrade de Porto, Portugal, do 13 ao 15 de outubro de 2021. Visitou as instalacións do centro, situado nos terreos da Câmara (Concello) do Porto, as aulas destinadas á Universidade Sénior, as instalacións deportivas, o pavillón para xóvenes participantes no proxecto “Aprender a ser”, biblioteca, distintos auditorios e até un consultorio médico.
Ao longo deses días realizou as seguintes actividades:
Recibimento a cargo de Lara Oliveira, coordinadora técnico-pedagóxica. Visita guiada ás instalacións da Asociación Cultural e Deportiva CCD Porto onde se ubica a Universidade Sénior Eugénio de Andrade.
Participación en distintos cursos e ateliers, conversa co profesorado e alumnado dos mesmos e intercambio con estes das respectivas prácticas pedagóxicas.
Maior achegamento á lingua portuguesa, especialmente coa entrega de material feito en Rodeira sobre aspectos semellantes e diferenciadores de ambas as linguas (“Caderno de Babel”).
Visita á cidade de Porto e Fundación Serralves.
Pastora Rosa Rodríguez López, administrativa do centro, realizou unha mobilidade Erasmus+, modalidade A2. Job shadowing, na Universidade Sénior Eugénio de Andrade de Porto, Portugal, do 13 ao 15 de outubro de 2021. Visitou a Asociación CCD Porto, onde se encontra a Universidade Sénior Eugénio de Andrade. Esta institución naceu en 1968 como organización sociocultural deportiva e de lecer para traballadores e traballadoras da Câmara de Porto pero na actualidade a maioría de asociados non son funcionarios municipais.
Ao longo deses días realizou as seguintes actividades:
Visita guiada ás instalacións da Asociación Cultural na que se inscribe a Universidade Sénior Eugénio de Andrade (USEA).
Coñecemento do organigrama da oferta educativa da USEA, documentos de inscrición e rexistro de matrículas e desistencias (baixas), xestión de actividades de animación cultural, promoción a través da web e carteis informativos, etc
Observación da distribución das actividades levadas a termo polo personal de secretaría.
Visualización e búsqueda de información relevante na páxina web do centro e as súas redes sociais.
Charla co persoal que organiza viaxes e saídas, así como as actividades de animación cultural.
Intercambio de experiencias e proposta de devolución da visita.
Os aspectos positivos destas mobilidades foron os seguintes:
- Establecimento de novos contactos co persoal de centros de educación de adultos europeos.
- Adquisición de ideas para organizar desde a secretaría actividades e saídas ao país veciño.
- Novas perspectivas no coñecemento da cidade do Porto e a súa oferta cultural.