Ábrese a convocatoria para cubrir  3 bolsas, destinadas ao alumnado titulado de Ciclos Medios, para realizar prácticas laborais en empresas ou organismos de países da Unión Europea.

Descarga a instancia de participación. Entrégaa cuberta no enderezo

programaseuropeos.iesrodeira@gmail.com.

O prazo para presentar a instancia é dunha semana, dende o día 23 até o 26 de maio incluído.

Se tes algunha dúbida ponte en contacto con nós.

Convocatoria realizada mediante o consorcio coa deputación de Pontevedra, programa PracticumDepo, Acción Clave 1 (KA1) “Mobilidade das persoas por motivo de aprendizaxe” .