VINCULÁNDONOS CON EUROPA
No mes de abril do 2019 dúas docentes, Fabiola Cobián Muñoz (Dpto. Bioloxía), Raquel González Seoane (Dpto. F.Q.), e o vicedirector do centro, David Fernández Viñal (Dpto. Electrónica), realizaron un JobShadowing na Escola Profissional de Ribeira Grande, nas Illas Açores, aprendendo da súa xestión e organización educativa e do programa ecoescola que teñen.
O Programa Eco-Escolas ten como principal obxectivo incentivar accións e recoñecer o traballo desenvolvido polas escolas en beneficio do medio ambiente.
Sendo o medioambiente unhas das maiores preocupacións da actualidade, a Escola Profissional da Ribeira Grande non quere ficar indiferente e desenvolve actividades co alumnado para contribuír á mellora deste. As actividades desenvolvidas no curso 2017/2018 tocan temas como residuos, alimentación, enerxía, auga, políticas ambientais e agricultura biolóxica. No ano 2017 recibiu unha distinción da ABAE (Asociación Bandeira Azul Europa) polo traballo desenvolvido neste programa, xunto a outros 9 centros portugueses, sendo o único centro das Azores.
Ademáis de visitar unha central xeotérmica e coñecer o Centro de Investigación Astronómica, OASA, gozaron da gastronomía, paisaxes, cultura azoriana e melloraron a súa competencia lingüística na lingua portuguesa.




