Para o ano académico 2019-2020 temos os seguintes proxectos concedidos con bolsas para persoal docente, PAS e equipo directivo:
- Secundaria (KA101-2018). “Vinculándonos con Europa”. Este proxecto está completo e só resta finalizar as mobilidades e realizar impactos e difusión.
- Adultos (KA104-2019). “Internacionalizar para os Adultos”. Está orientado a fomentar a lectura e mellorar a empregabilidade do noso alumnado de adultos. Temos 8 bolsas de mobilidades (5 días) para visitar escolas ou outras institucións (bibliotecas, centros de traballo…). As mobilidades faranse entre Xullo 2019 e Xullo 2020. Pode participar calquera docente do centro, sempre que teña docencia ou algún tipo de implicación coas ensinanzas de adultos.
- Actividade A1. Observar boas prácticas en talleres e oferta formativa a adultos, especialmente alfabetización inmigrantes e adultos en linguas minorizadas ou minoritarias (2/3 prazas).
- Actividade A2. Observar boas prácticas en xestión documental, arquivo, matrícula e difusión de actividades e talleres ofertados (1 praza).
- Actividade A3. Observar boas prácticas no desenvolvemento e xestión de programas europeos (1 praza).
- Actividade B1. Observar bibliotecas con boas prácticas en fomento da lectura de adultos. (2/3 prazas).
- Actividade B2. Observar boas prácticas en servizos de orientación laboral e profesional (1 praza).
- Ciclos medios (KA102-2019 e Deputación). “Portugalizando”. Está destinado a profesorado de ciclos medios co obxecto de visitar escolas ou empresas para lograr novos destinos aos que enviar o noso alumnado a facer as prácticas e/ou aprender aspectos relevantes do currículo ou pedagóxicos. Tres prazas, a unha delas ten preferencia profesorado do Departamento de Electrónica.
- Ciclos superiores (KA103-2019). Dúas prazas para profesorado de ciclos superiores do centro. Unha delas estará vinculada a realización das prácticas do alumnado de CS de Informática co obxecto de acompañalo na empresa onde realice as FCT (en setembro 2019 ou marzo 2020).
Pódese consultar a cuantía da bolsa correspondente a distancia coa calculadora
Dependendo do programa temos máis ou menos días. A media é de 5 días de observación, máis un de viaxe. Nos programas de Adultos e Ciclos Medios solicitamos na banda 2 (Portugal, Alemaña, Italia…). En Ciclos Superiores na banda 1 (Irlanda, UK). Ex. Irlanda, 5 días de visita, 977€. Portugal, 5 días de visita, 804€. Todas as cifras son aproximadas.
Para Ciclos Medios dispomos tamén dunha (1) mobilidade da Deputación cos seguintes destinos e importes:
Destino | Días | Importe da bolsa |
Portugal | 5 | 784€ |
Polonia | 12 | 1.372€ |
Eslovaquia | 8 | 980€ |
Italia | 5 | 784€ |
Grecia | 8 | 1.120€ |
Romanía | 8 | 1.120€ |
Suecia | 12 | 1.764€ |
Franza | 5 | 784€ |
Países Baixos | 8 | 1.120€ |
RESUMO MOBILIDADES PARA PERSOAL 2019
A. PROGRAMA KA104-2019 DE EDUCACIÓN DE ADULTOS.
Todas son Job-shadowings (observación no traballo de boas prácticas) en escolas, empresas ou institucións.
Nº | ACTIVIDADES PROPOSTAS | Días | Preferencia na adxudicación | Prazas |
A1 | Xestión e organización de obradoiros e oferta educativa de adultos, con especial atención a inmigrantes adultos e/ou linguas minorizadas. | 5 | 1º ED, 2º DLG, 3º INS, 4º OBR, 5º Resto | 2/3 |
A2 | Xestión documental e arquivo da información, matrícula e difusión de actividades e obradoiros, especialmente nas redes sociais. | 5 | 1º PAS, 2º ED, 3º Resto | 1 |
A3 | Desenvolvemento e xestión de programas europeos no sector de adultos | 5 | 1º PE, 2º Resto | 1 |
B1 | Bibliotecas referentes en boas prácticas educativas no fomento da lectura de adultos e da escritura expresiva e creativa. | 5 | 1º BIB, 2º OBR, 3º Resto | 2/3 |
B2 | Servizos de orientación profesional e laboral de adultos e uso de redes sociais. | 5 | 1º OL, 2º ORI, 3º ED, 4º INS, 5º Resto | 1 |
Son 8 bolsas de 860€ de media (o importe definitivo obtense ao coñecer o destino) en calquera país da U.E. e asociados (Islandia, Noruega, Liechtenstein, Serbia…). O número de prazas son orientativas, xa que se poderán mover dunha liña a outra segundo a demanda final que haxa.
Calquera docente con vinculación actual ou futura no ensino de adultos pode participar, mais hai preferencia na adxudicación das prazas segundo se indica. Lenda: ED: Equipo directivo; PAS: Persoal de Administración e Servizos; DLN: Dinamización en Lingua galega; INS: Inspección do centro; PE: Programas europeos; BIB: Biblioteca; OBR: Obradoiros de adultos; OL: Orientación laboral; ORI: Orientación.
B. PROGRAMA KA102-2019 e KA103-2019 de CICLOS FORMATIVOS.
Todas son Job-shadowings (observación no traballo de boas prácticas) en escolas, empresas ou institucións.
Nº | COLECTIVO | ESTADO | Días | Bolsa | Prazas |
C1 | Docentes de Ciclos Medios | Portugal | 5 | 860€ | 2 |
C2 | Docentes de Ciclos Superiores | Portugal | 5 | 860€ | 2 |
C3 | Docentes de Ciclos Medios (Deputación de Pontevedra) | Varios | Vid. táboa | 1 |
AS MOBILIDADES DEBERÁN REALIZARSE ENTRE XULLO DE 2019 E XULLO DE 2020. ANTES E DESPOIS DA MOBILIDADE OS SELECCIONADOS DISPORÁN DE CURSOS PARA A MELLORA DO SEU NIVEL LINGÜÍSTICO.