Entre o 29 de abril e o 10 de maio Carmen Soto Cano, docente do departamento de francés e coordinadora dos proxectos Etwinning no IES de Rodeira, realizou unha formación na Ulearn School de Dublin co título: “How to use tablets, smartphones, educational apps and social media in your Classroom

Concretouse en dous cursos diferenciados There is an app for that ” e “Social media and web solutions”, impartidos por dous docentes distintos: un alemán e outro turco. Coincidiu con profesorado de educación primaria e secundaria de Alemaña, Austria, Turquía, Grecia, Croacia, Polonia, Hungría e cunha compañeira de Castellón.
 
Durante a primeira semana testou diferentes ferramentas dixitais en formato web e/ou móbil para a xestión de clase, a explicación/revisión de contidos curriculares  e para  abordar as diferentes destrezas lingüísticas. Creou igualmente actividades puntuais así como unha unidade didáctica completa, planificada e desenvolta co seu alumnado de 3º da ESO
 
Ó longo da segunda semana descubriu algunhas posibilidades das redes sociais no ensino, especialmente para estudantes maiores de 16 anos.
 
O seu impacto é constatable no incremento do uso de apps na xestión das súas clases de secundaria, na incorporación de apps nos traballos de competencia dixital vinculados coa materia que imparte ou nos proxectos Etwinning desenvoltos no centro.

Conviviu cunha familia irlandesa mellorando  o seu nivel de inglés. Aproveitou o seu tempo libre para visitar as principais manifestacións culturais da capital Irlandesa e participar nun “Tour celta” polos arredores de Dublin.