Convocatoria Ciclos Superiores


Ábrese a convocatoria para cubrir as 4 bolsas para realizar a FCT no estranxeiro de alumnado de Ciclos Superiores no período de Abril a Xuño 2020.

Pode participar calquera alumno que vaia facer a FCT no 3º trimestre do curso 2019 – 2020, polo que é requisito imprescindible ter todos os módulos aprobados.

No apartado de Erasmus+ da aula virtual do IES de Rodeira poderás ter máis información (FAQ) e descargar a instancia de participación que deberás cubrir e na que poderás comprobar o baremo. 
O prazo de participación remata este venres 24 de xaneiro!!

Ven con nós e terás mundo!!!

Resolución de candidatura para Erasmus+  na FCT no estranxeiro Ciclos Superiores