A mobilidade Erasmus realiceina en Bournemouth, no Reino Unido, desde o 16/09/19 ata o 28/11/19. Esta localidade do condado de Dorset ten aeroporto con conexión con Mallorca. Entón para chegar collín un voo Santiago de Compostela – Mallorca e Mallorca – Bournemouth. Unha vez alí despraceime ó centro da cidade en autobús. Bournemouth é unha … Continue reading Jorge Figueira Badín
Webinar sobre Erasmus+
O Departamento de Orientación vai organizar unha webinar para dar a coñecer os ciclos formativos do IES de Rodeira, nós tamén estaremos para aclarar dúbidas relativas ao programa Erasmus+ nos ciclos formativos. Proximamente publicaremos as datas e a ligazón da webinar.
Dublín 2018-KA101
Entre o día 15 e o 26 de xullo Manuel Sánchez Fernández, do departamento de Informática, realizau o curso: "There is an App for That! Exploring the Best Apps for Teaching and Student Learning & Integrating Creativity and Innovation into Teaching".
Dublín:2018-KA101
No mes de xuño, do 15 ao 26, Sonia Nóvoa Martínez, profesora do departamento de Informática, estivo en Dublín realizando o curso: “There’s an app for that!” O curso consistiu na introdución a un amplo número de aplicacións educativas.
Florencia: 2018-KA101
VINCULÁNDONOS CON EUROPA No mes de xuño de 2019, do 17 ao 28, a profesora Patricia Caride Rivas, do departamento de Francés visitou Florencia para realizar o curso "Classeroom Manegement solutions for teachers" Compartiu experiencias, coñeceu outros sistemas educativos e formas de traballar de países tan diversos coma poden ser Suiza, Finlandia, Polonia e Xordania. … Continue reading Florencia: 2018-KA101
Dublín: 2018-KA101
Entre o 29 de abril e o 10 de maio Carmen Soto Cano, docente do departamento de francés, realizou unha formación na Ulearn School de Dublin co título: "How to use tablets, smartphones, educational apps and social media in your Classroom"
Cork: 2017-KA103
Andrés Abal Aldao e Daniel Sotelo Pérez realizaron a FCT en Cork. O éxito foi total!. Permitiulles mellorar os seus coñecementos en programación e computación na nube, perfeccionar o seu nivel de inglés e coñecer unha nova cultura.
Vila de Rabo de Peixe 2018- KA101
VINCULÁNDONOS CON EUROPA No mes de abril do 2019 dúas docentes, Fabiola Cobián Muñoz (Dpto. Bioloxía), Raquel González Seoane (Dpto. F.Q.), e o vicedirector do centro, David Fernández Viñal (Dpto. Electrónica), realizaron un JobShadowing na Escola Profissional de Ribeira Grande, nas Illas Açores, aprendendo da súa xestión e organización educativa e do programa ecoescola que … Continue reading Vila de Rabo de Peixe 2018- KA101
Islandia: 2018-KA101
VINCULÁNDONOS CON EUROPA En febreiro do 2019 o profesor Guillermo López Carballido , do departamento de Educación Física, estivo en Reikiavik realizando o curso Smart Teachers Play More. Estaba formado por un total de 23 participantes de 10 nacionalidades diferentes (alemáns, irlandeses, gregos, checos, austriacos, suecos, etc…). O curso foi impartido por dúas educadoras, unha … Continue reading Islandia: 2018-KA101
Dublín : 2018-KA101
Entre o 16 e o 29 de setembro de 2019 a docente Nieves García Díaz, pertencente ao Departamento de Inglés de Rodeira, visitou Dublín para realizar o curso " Intensive English course at level C2 and CLIL for teachers"