O uso deste sitio web está rexido polas seguintes normas:
Protección de datos
A norma de referencia en materia de protección de datos de carácter persoal é a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, que ten por obxecto garantir e protexer, no que concirne ao tratamento dos datos persoais, as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente do seu honor e intimidade persoal e familiar. Esta norma foi desenvolvida polo Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
En cumprimento da normativa de referencia, pola que se regula o dereito de información na recollida de datos, infórmaselle de que os datos persoais que vostede nos facilite van ser incorporados a un ficheiro automatizado cuxa finalidade é ofrecerlle a nosa mellor atención e informalo sobre os nosos produtos e/ou servizos.
Ponse no seu coñecemento o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición ó tratamento dos seus datos persoais mediante escrito dirixido a ies.rodeira@edu.xunta.gal
Codicións de uso
O uso do sitio web http://erasmus.iesrodeira.gal/ ríxese polas normas establecidas no presente aviso legal conforme ás Leis. Coa súa utilización, o usuario comprométese a utilizar o sitio web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, os usos xeralmente aceptados e o orde público.
En cumprimento da Lei de Servizos da Sociedade da Información e do comercio electrónico, LSSI, informámolo de que este espazo web e todo o seu material pertencen ao IES de Rodeira; Avda. de Ourense s/n, Cangas.
O sitio web http://erasmus.iesrodeira.gal/ ou calquera parte do mesmo, non se poderá reproducir, duplicar, copiar, vender, nin explotar para calquera fin comercial ou de outro tipo que non estea expresamente permitido pola nosa institución. Así mesmo, queda prohibido o uso da web con fins ilícitos contra o IES de Rodeira ou calquera terceiro, ou que, de calquera xeito, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento do sitio web.
Responsabilidade limitada
Baixo ningunha circunstancia o IES de Rodeira será responsable ante terceiros por calquera dano directo ou indirecto, económico, perda de clientela ou perda de ganancias, resultado do uso da web http://erasmus.iesrodeira.gal/
Ligazóns con outros sitios web
A presente páxina web contén vínculos ou ligazóns con outros portais ou sitios web non xestionados polo IES de Rodeira, esta institución manifesta que non exerce control ningún sobre ditos sitios nin é responsable do contido dos mesmos. As ligazóns que esta web puidera conter ofreceranse, unicamente, a modo de referencias informativas, sen ningún tipo de valoración sobre os contidos, propietarios, servizos ou produtos ofrecidos dende os mesmos.
O IES de Rodeira exonérase de toda responsabilidade en relación cos servizos prestados por ditos terceiros fronte a calquera reclamación de calquera natureza e demandas que puideran interpoñerse en relación cos mesmos.