Que é eTwinning?
eTwinning é a comunidade de centros escolares de Europa.
eTwinning ofrece ás comunidades educativas dos centros escolares dos países europeos participantes unha plataforma segurizada para comunicarse, colaborar, desenvolver proxectos virtuais, e compartir experiencias educativas.
eTwinning está cofinanciado por Erasmus+. Participamos, a finais de 2019: 760.670 profesores, 204.429 centros escolares e temos abertos 100.967 proxectos.
CF: https://www.etwinning.net/es/pub/index.htm (traducción ó galego CSC).
Dende eTwinning pódense artellar accións para desenvolver proxectos no seo de Erasmus + chaves KA1 e KA2.
O IES de Rodeira en eTwinning
O IES de Rodeira comeza a súa traxectoria en eTwinning tralo “Séminaire francophone eTwinning à Toulouse du 4 au 6 mai 2018”. Dende entonces participamos en 15 proxectos, en 70 eventos, estamos en contacto con docentes en 17 grupos profesionais diferentes, e buscamos ou ofrecemos colaboración nos foros. Seguimos, igualmente, formación sobre o eTwining (Desenvolvemento profesional), tanto na plataforma como fóra dela.
As temáticas dos proxectos desenvoltos ata a actualidade teñen que ver, principalmente con:
Intercambios epistolares (cartas tradicionais), envío en formato físico ou virtual de postais de felicitación (Nadal, San Valentín, Pascua, Verán): “Et si on s’écrivait”, “Et si on s’écrivait encore une fois”, “Entrons en contact”, “Amitié à lettres”.
Destacamos especialmente “Cartes de voeux francophones”, que involucrou a 900 estudantes de 20 centros educativos de 9 países europeos diferentes, na confección e no intercambio de tarxetas de nadal escritas en francés: Nadal 2018-19.
Información na páxina web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesderodeira/?q=node/329 . Páxina pública do proxecto: https://live.etwinning.net/projects/project/181205
“Cartes Postales” no que se intercambiaron postais virtuais ó longo do curso 2018-19: Páxina pública do proxecto: https://live.etwinning.net/projects/project/183698
Descubrimento e intercambio de curiosidades sobre illas, cidades ou vilas costeiras nas que se estuda o francés: “Le français, un pont qui nous unit sur l’océan”: 2019-20
Páxina pública do proxecto:https://live.etwinning.net/projects/project/196905
Descubrimentos doutros aspectos culturais comúns, nos que abordamos diferentes temáticas sempre empregando as linguas estranxeiras como vehiculares: “Mon histoire, ton histoire”, “Festivités”, “Prêts à partir”, “La femme et la société”, “Becoming a teacher for one day on the occasion of the European Languages Day: make us discover your language”, “Salut les copains”, “Salut, Hablamos?”