Colaboración en grupos de pares, vencellados ás seguintes temáticas:

  1. Optimización do emprego da Plataforma eTwinning, blogs colaborativos sobre proxectos virtuais, en idiomas diferentes: castelán, francés, italiano, inglés. Traballo de bibliotecarios escolares. Metodoloxía AICLE/CLIL.
  2. Apps web.2.0. e ferramentas dixitais para proxectos.
  3. Seguridade nos Proxectos eTwinning.
  4. Relación con embaixadas de eTwinners francófonos.
  5. Relación con embaixadas de eTwinners francófonos.

Participación en eventos, coas seguintes temáticas:

Mostrar productos realizados nas aulas co gallo de diferentes efemérides: Journée Européenne des langues, benvida ás diferentes estacións, Día do docente, Día do libro, Día da francofonía, Día da felicidade, Diferentes festivais culturais, Diversos aspectos gastronómicos, Día de San Valentín, Día Internacional da lingua materna, Navidad, Pascua, Día do traballo, Día do voluntariado, Día da eliminación da violencia contra as mulleres, Semana Mundial da Educación ou 2018 Ano do patrimonio, por exemplo.

Optimización de ferramentas dixitais para aumentar a colaboración (Genially, Padlet, Lino.it,…) ou implementacións metodolóxicas, escape room, videoconferencia, gamificación, gymkhanas, flipped classroom, etc.

Presentación de aspectos vencellados con eTwinning.

Importancia do respeto da privacidade na rede. A Identidade dixital e a reputación (pegada) dixitais.

Búsqueda e oferta de colaboración nos Foros de eTwinners, tanto para comezar proxectos conxuntos virtuais como para entablar relacións de cara a movilidades individuais no marco de KA1.

Actividades de desenvolvemento docente:

Dentro da plataforma: “Learning Event 2019: Outils en ligne pour améliorer la collaboration”. Encontro didáctico co especialista Maxime DROUET.

Fóra da plataforma: Formacións do INTEF (formación en rede, Moocs ou Noocs) e/ou da Plataforma de Teleformación Galega (Platega) relativos a Etwinnning.

Os nosos próximos obxectivos:

  1. Incrementar o número de docentes eTwinners no IES de Rodeira.
  2. Aumentar o número de colaboracións internacionais de éxito, mediante a participación en proxectos interdisciplinares vencellados a  novas temáticas.
  3. Postular proxectos a “Sellos de recoñecemento nacional e europeo”.
  4. Converternos en Escola Etwinning.