Bos días, son Gabriel Orge Pazos, teño 19 anos e vou contarche a miña experiencia Erasmus+, o que me animou a pedir a experiencia, o tema do idioma e os aspectos negativos e positivos da experiencia.

Decidín solicitar a experiencia Erasmus por varias razóns, unha delas é que me encanta viaxar e Erasmus ofréceche viaxar a un país de Europa que elixes e aprendes sobre o que estudaches e che ofrecen unha bolsa xenerosa para que poidas vivir e aprender mentres esteas alí, obviamente tes que cumprir certas obrigas para obter a bolsa, pero parécenme bastante xusto. Outro motivo que me animou foi mellorar o meu inglés xa que sempre pensei que hoxe en día é moi importante para viaxar e para o traballo. E outra razón pola que decidín pedir o Erasmus+ foi máis persoal e é unha das razóns polas que a maioría recúa e é que en xeral a xente se non vai cun amigo non se atreve a facer o Erasmus+. Por exemplo, no meu caso, os meus compañeiros non se atreveron a facelo polo idioma ou non estaban interesados ou non querían ir sós, entendo que non todos esteán preparados para viaxar sós a un país descoñecido sen coñecer a ninguén, pero para min, ir só foi como un reto e unha mellora persoal, ademais de que os mellores momentos chegan cando saes da túa zona de confort e é unha oportunidade única que se non fose por o programa Erasmus non a podería realizar.

A miña experiencia unha vez que cheguei a Belfast foi un pouco dura por varias razóns: unha delas é que ao principio sentinme raro e un pouco só. No meu caso vivo cos meus pais e cando cheguei e empezei a vivir só decateime de que todo é moi diferente, pero entón fun coñecendo aos meus compañeiros de habitación aos poucos e sentinme mellor, tamén eres libre de facer o que queiras para ben e para mal. Á chegada tamén tiña un pouco de medo a falar en inglés, no meu caso entendo e falo ben o inglés pero sempre che dá algo para equivocarte ou non entendelos, pero acabei sorprendendo para ben co que sabía, quizais o máis complicado ao principio. Este aspecto é escoitalos e entendelos ben xa que aquí en Belfast teñen unha pronuncia algo curiosa, digamos, pero co paso do tempo te acostumas ao inglés.

Para buscar aloxamento podes procurar unha persoa do país ao que vas e que che atope un apartamento, mais eu decidín buscalo pola miña conta para e intentar aforrar o diñeiro. Escollín buscar o meu piso por conta propia e pola miña experiencia digo que é un pouco complexo, porque tes que mirar onde vas traballar e buscar un piso relativamente próximo ao traballo e o centro da cidade para poder facer as compras habituais con facilidade. O problema non está en atopar anuncios, porque atopei moitos e con prezos moi variados, o problema é que non podes ver o apartamento ata chegar. Recomendo ir cunha semana de antelación e con varias opcións de pisos para poder arranxar todo isto e aínda así sempre pode haber problemas como que quedara co propietario dun piso mais non se presentou, perdendo toda a mañá alí esperando.

A miña experiencia na compañía, a verdade é que moi ben, desde que cheguei tratáronme xenial e axudáronme tanto como podian. Tamén che ensinan aos poucos dende o máis básico ata as cousas posteriores que xa son un pouco máis complexas e logo co paso do tempo teñen máis confianza en ti e danche actividades con máis responsabilidades, o certo é que traballando tamén é como un aprende máis. Cada empresa traballa dun xeito e en xeral son bastante profesionais e ordenadas. As condicións tamén son moi boas e cumpren o horario que che din e se fas horas extras por calquera motivo que te compensen. Por exemplo, ocorréuseme varias veces que necesitaban que terminase algo nun día determinado e non tiña tempo no horario establecido e fixen 2 horas máis e ao día seguinte dixéronme que chegase 2 horas despois e é así.

En xeral a experiencia, a verdade é que é moi boa, a bolsa é moi xenerosa e a Erasmus non lle importa que gastes os cartos sempre que cumpras as condicións. Se alguén ten dúbida de que o diñeiro que dan é suficiente, xa digo que é máis que suficiente. Anímovos a solicitar a experiencia, vas a adquirir experiencia laboral e vas a evolucionar moito no idioma, aínda que se realmente tes interese en ir, recoméndoche que estudes ou repases a lingua antes de ir. Xa sabía o suficiente antes de marchar, pero seguín estudando inglés durante un ano na escola de idiomas para reforzar os meus coñecementos. E para aqueles que non queiran ir porque non van con ningún amigo, recoméndovos que tamén vaiades xa que ides medrar moito persoalmente e ídevos dar de conta de todo o que sodes capaz de facer e ides a descubrir quen sodes realmente, ademais que poderedes visitar un novo país e coñecer unha nova cultura e xente nova tamén. Que pensas, que tes que perder? Ademais, Erasmus+ ofréceche a posibilidade de regresar no momento que desexes, pero se a causa non se debe a forza maior (morte dun familiar ou algo moi importante) terías que devolver a bolsa.

Recoméndovos totalmente esta experiencia!