TECENDO REDES CON EUROPA
Catro docentes, do noso instituto, participaron en diferentes cursos promovidos pola escola Ulearn no programa Erasmus +, Acción chave 1, con vistas a coñecer o sistema educativo irlandés, compartir experiencias, traballo en rede e colaborativo, visitar Dublín e mellorar a súa competencia lingüística.
Todos os días no ensino, o reto para os docentes é difundir información e coñecementos en forma de contido, competencias e destrezas, co fin de axudar ás xeracións máis novas a aprender, co fin de formar e producir masa crítica para unha vida creativa, responsable, tolerante, solidaria e igualitaria. Un dos propósitos da mobilidade dos nosos docentes é compartir os coñecementos adquiridos coa comunidade educativa.
- Dublín : 2018-KA101Entre o 16 e o 29 de setembro de 2019 a docente Nieves García Díaz, pertencente ao Departamento de Inglés de Rodeira, visitou Dublín para realizar o curso ” Intensive English course at level C2 and CLIL for teachers”
- Dublín: 2018-KA101Entre o 29 de abril e o 10 de maio Carmen Soto Cano, docente do departamento de francés, realizou unha formación na Ulearn School de Dublin co título: “How to use tablets, smartphones, educational apps and social media in your Classroom”
- Dublín:2018-KA101No mes de xuño, do 15 ao 26, Sonia Nóvoa Martínez, profesora do departamento de Informática, estivo en Dublín realizando o curso: “There’s an app for that!” O curso consistiu na introdución a un amplo número de aplicacións educativas.
- Dublín 2018-KA101Entre o día 15 e o 26 de xullo Manuel Sánchez Fernández, do departamento de Informática, realizau o curso: “There is an App for That! Exploring the Best Apps for Teaching and Student Learning & Integrating Creativity and Innovation into Teaching”.