O IES de Rodeira é un instituto de titularidade pública, polo que depende da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Está situado na localidade costeira de Cangas de Morrazo (Pontevedra, Galicia).

É un centro tipo B, oferta, en horario de mañá e/ou tarde, as seguintes ensinanzas:

Ensinanza secundaria obrigatoria: ESO (liña tres)  

Bacharelato de Ciencias, Humanidades e Ciencias Sociais.

Formación profesional, ciclos formativos:

  • FP Básica en Servizos Administrativos
  • CM Xestión Administrativa.
  • CM Instalacións de telecomunicacións
  • CS Administración de sistemas informáticos en rede
  • Modular presencial, superior: Administración e finanzas e Sistemas de telecomunicacións e informáticos .
  • Modular a distancia, superior: Desenvolvemento de aplicacións web.

Ensino para adultos:

  • Educación secundaria: ESA
  • Obradoiros de alfabetización de inmigrantes, formativos e ocupacionais.
  • Aula Mentor de Cangas: programa de formación aberta, flexible a través de Internet. Dirixida a persoas adultas que desexen ampliar as súas competencias personais e profesionais.
  • Sección da Escola oficial de idiomas de Vigo, na que se imparte Francés e Inglés.

É un centro dinámico, organízase con sinerxias de traballo entre pares (formación en centros de traballo, seminarios ou grupos de traballo), ao redor de temáticas heteroxéneas: dinamización da Biblioteca Escolar, Mediación entre Iguais, Traballo Cooperativo como cambio metodolóxico, Actualización de Coñecementos en TIcs para o traballo nas diferentes áreas, Dinamización da lingua galega e Impresión en 3D.

É un centro dinamizador: ofrece ao seu alumnado gran número de actividades complementarias e extraescolares. Participa en proxectos heteroxéneos como: Plan Proxecta con accións sobre alimentación sa, Naturézate, coñecemento da contorna, 365 pola igualdade , Plan de Reforzo, Orientación e Apoio, Proxecto Portfolio de Linguas, Ecoescola, Club dos deberes, Proxecto Deportivo do Centro, Parlamento Xove, Clubes de lectura, PLAMBE, …

O IES de Rodeira participa activamente en Proxectos Europeos: Erasmus+ e eTwinning.

  • KA1: Mobilidades (envío): Ciclo Medio, Ciclos Superiores e job shadowing.
  • KA1: Incoming mobilities: students, trainees and job shadowing.