Erasmus+ Ciclos Superiores
As mobilidades Erasmus+ KA 103 son concibidas polo noso centro como unha alternativa á realización do módulo obrigatorio “Formación en Centros de Traballo”, do alumnado dos ciclos de grado superior, na nosa Comunidade Autónoma. Consiste na realización das prácticas nun país distinto da U.E. cunhas regras laborais, culturais e lingüísticas diferentes, co conseguinte valor engadido que supón para a formación dun estudante en termos de aprendizaxe dunha lingua estranxeira e outras metodoloxías de traballo internacionais.
No ano 2021, pese ás restricións provocadas pola COVID-19, o noso alumnado poido realizar as prácticas no estranxeiro.
Durante os anos 2018 e 2019 catro alumnos de Formación Profesional de Ciclo Superior realizaron as súas prácticas no estranxeiro.
Irlanda
FCT en Cork.
Reino Unido
FCT en Bournemouth.
Bulgaria
FCT en Sofía.
Romanía
FCT en Roman.
Cada ano publicamos novas convocatorias para que poidas realizar as túas prácticas nalgún país da U.E. Non tes claro onde realizar a FCT ? Non o dubides, ponte en contacto connosco. Darémosche información para axudarche a tomar a túa decisión.