Portugalizando: unha eurorrexión para o futuro

O instituto de Rodeira está adherido a un consorcio de mobilidade vinculado ao programa Erasmus+ xunto á Deputación de Pontevedra, co que se promove a realización de prácticas profesionais no estranxeiro para o alumnado que finaliza os seus estudios de formación profesional nos ciclos de grao medio.

O consorcio “Portugalizando: unha Eurorrexión para un futuro laboral” enmárcase dentro do programa que o IES de Rodeira ten para o alumnado do Ciclo Medio de Xestión Administrativa e que lles ofrece a posibilidade de realizar prácticas profesionais ao finalizar o primeiro ano en Viana do Castelo e, logo de finalizar o ciclo, traballar durante 11 meses nos servizos administrativos da Escola Sá de Miranda de Braga.

As alumnas , Vanesa Coya García e Elena Outeiral Otero, do C.M. de Xestión Administrativa, realizaron prácticas na Escola Profissional do Minho en Viana do Castelo dende o 11 de xullo ata o 19 de agosto do 2019.

As alumnas Jennifer Casal Rosales e Naiara Martínez da Silva , do C.M. de Xestión Administrativa, comezaron o seu período de prácticas o 1 de agosto do 2019 e finalizarán a súa mobilidade o 30 de xuño do 2020 nos servizos administrativos da Escola Sá de Miranda, en Braga.

A  relación establecida coa escola portuguesa, Sá de Miranda, permite ao seu alumnado realizar prácticas profesionais na nosa área metropolitana.

No mes de setembro do 2019 acollemos a dous estudantes portugueses, Tiago e José, do ciclo “Técnico de Multimédia e Técnico de Gestão e Programação de Sistemas Informáticos”. Realizaron as súas prácticas profesionais durante tres meses. Un deles na empresa TeconSite en Vigo de deseño web e programación e o outro nos servizos informáticos do Concello de Cangas.

Outros dous alumnos do ciclo “Técnico de Multimédia” realizaron prácticas na empresa PlayPlan, de Bueu, a cal se encarga da produción e organización de eventos culturais e musicais como o Festival SonRíasBaixas.

Ao longo deste ano o IES de Rodeira recibirá outros dous alumnos máis aos que lles proporcionará prácticas laborais en empresas da comarca.

José e Tiago estiveron no instituto charlando e compartindo con alumnado de segundo de bacharelato as súas impresións sobre as particularidades e similitudes dos idiomas galego e portugués, dentro do proxecto “Derrubando fronteiras” do Equipo de Dinamización Lingüística. Parte da conversa pode verse no seu blogue LINGUALIZA

undefinedNo xornal “Faro de Vigo” o 15/01/20