VINCULÁNDONOS CON EUROPA

Proxecto KA101 2018

Garantir o éxito educativo de todo o alumnado, evitar o abandono temperá da escola e evitar todo tipo de situacións que poñan en risco o benestar emocional das persoas, constitúen unha máxima en calquera sistema educativo de calidade. O noso proxecto KA101 está construído a partir destes piares fundamentais. Hai múltiples elementos que inflúen directamente neste obxectivo, aínda que consideramos que a mellora do clima escolar a través dun bo plan de convivencia baseado nos valores da escola inclusiva, a importancia dos espazos como escenarios de aprendizaxe, a introdución de novas metodoloxías máis adecuadas para promover unha aprendizaxe vivencial e significativa, a mellora das competencias en linguas non maternas, a implementación das TIC e o perfeccionamento das competencias de xestión e administración escolar son quizais os eixes para lograr o éxito desexado e o crecemento persoal do noso alumnado.

Perseguindo eses fins, dentro do noso proxecto KA101, aprobado para o período 2018-2020, “Vinculándonos con Europa camiños innovadores para mellorar as competencias do alumnado” participaron 10 docentes realizando no estranxeiro cursos de formación e períodos de observación nun centro asociado, jobshadowing.

O proxecto finalizado foi publicado na Plataforma de Resultados.

IMPACTO E TRANSFORMACIÓN

No IES de Rodeira embarcámonos no proxecto europeo “Vinculándonos con Europa” entre o 2018 e o 2020.

Coa pandemia do Covid-19 frustrouse a nosa idea de trasladar os coñecemento adquiridos, polos participantes, a toda a comunidade dunha forma presencial.

Mais lonxe diso, vimos a oportunidade desta crise: elaborar esta guía dixital de apps educativas e rutinas saludábeis para este novo desafío global.

Agardamos que vos guste e sexa útil !