INTERNACIONALIZAR PARA OS ADULTOS

Durante o curso académico 2019-2021, o IES de Rodeira desenvolverá o proxecto europeo KA104: “Internacionalizar para os adultos” cofinanciado polo programa Erasmus + da Unión Europea.

Co noso proxecto pretendemos desenrolar estratexias para a inclusión social e educativa e mellorar o emprego do noso alumnado. Para dar resposta ás necesidades educativas é preciso mellorar as habilidades dos docentes encamiñadas a fomentar a lectura, implementar as TIC e introducir novas metodoloxías para promover unha aprendizaxe vivencial e significativa no ámbito da formación permanente de adultos.

Jobshadowing na Asociación Apojovi (Universidade Senior) Coimbra

Do 14 ao 17 de xuño de 2021 Mónica Soto Sampedro participou nun Jobshadowing na Asociación Apojovi, unha Universidade Senior situada en Coimbra, Portugal.

O obxectivo principal foi coñecer esta institución no marco do Job Shadowing para mellorar a práctica educativa no ámbito da educación de adultos 

Ao longo destes días observou os diferentes talleres impartidos na Apojovi (coro, informática, viola, pintura, entre outros). Ademais mostráronlle o funcionamento interno do centro, o que lle permitiu coñecer novas posibilidades que se poden levar a cabo neste tipo de ensinanzas. 

Todo o mencionado anteriormente facilitou que se producira un contacto entre ambos centros cun intercambio de coñecementos e, a nivel persoal, supúxolle unha experiencia gratificante e motivadora para continuar traballando nestas ensinanzas. 

IMPACTO

Para a expansión do aprendido durante este período algunhas medidas de impacto serán: 

  • Exposición ao alumnado acerca da experiencia 
  • Exposición ao resto do profesorado sobre o aprendido  
  • Levar a cabo co alumnado algunha das actividades 

A longo prazo, cando a situación sanitaria mellore, pódense plantexar as seguintes accións para seguir mantendo a comunicación intercentros: 

  • Viaxe do alumnado e profesorado para visitar ambos centros 
  • Comunicación a través de cartas ou mails para fomentar o coñecemento entre linguas (galego e portugués) 
  • Conexións por Skype ou outros medios para coñecerse e fomentar as novas tecnoloxías.
  • Posta en común de metodoloxías entre o profesorado de ambos centros para seguir compartindo experiencias 

Actividade B1. Observar bibliotecas con boas prácticas en fomento da lectura de adultos.

Jobshadowing no Lycée d’Enseignement Général et Technologique Agricole de Vendôme-Areines (Francia)

Entre o 3 e o 7 de febreiro de 2020, Carmen Soto Cano, coordinadora da que foi Implementación voluntaria do Portfolio Europeo de Linguas (galego, castelán, inglés e francés) e profesora do departamento de francés participou nun Jobshadowing no Lycée d’Enseignement Général et Technologique Agricole de Vendôme-Areines (Francia).

O LEGTA conta cunha oferta formativa xeral (os equivalentes a 4º Eso, Primeiro e Segundo Bacharelato) así como Ciclos superiores de Anabiotec (Análises Agrícolas, Biolóxicos e Biotecnolóxicos,) de Xestión e Protección da Natureza e de Produccións Animais. Os centros agrícolas constitúen un 2% da oferta educativa francesa.

Ten unha biblioteca escolar nova, creada hai 3 anos. Moi dinámica, nela traballan dúas Profesoras documentalistas que, ademáis de organizar o Cdi e levar a cabo técnicas de xestión documental teñen misións pedagóxicas claras dentro dos programas, animando e participando no desenvolvemento cultural do alumnado. Neste sentido, coordinan eventos de lectura bianuais como o “Desafío Lectura” rexional, ou o “Desafío Lectura científico”, interactúan con outros docentes en accións de creación literaria, de investigación de iniciativa nacional ou rexional,” e ensinan formación de usuarios vinculada ás diferentes áreas nas chamadas “Clases Mutuas”. Tralas pescudas documentais, o alumnado elabora productos dixitais multiformato amosados ó publico en xeral en stands informativos, e acompañados con exposicións orais.