INTERNACIONALIZAR PARA OS ADULTOS

Jobshadowing na Asociación Apojovi (Universidade Senior) Coimbra

Do 14 ao 17 de xuño de 2021 Mónica Soto Sampedro participou nun Jobshadowing na Asociación Apojovi, unha Universidade Senior situada en Coimbra, Portugal.

O obxectivo principal foi coñecer esta institución no marco do Job Shadowing para mellorar a práctica educativa no ámbito da educación de adultos 

Ao longo destes días observou os diferentes talleres impartidos na Apojovi (coro, informática, viola, pintura, entre outros). Ademais mostráronlle o funcionamento interno do centro, o que lle permitiu coñecer novas posibilidades que se poden levar a cabo neste tipo de ensinanzas. 

Todo o mencionado anteriormente facilitou que se producira un contacto entre ambos centros cun intercambio de coñecementos e, a nivel persoal, supúxolle unha experiencia gratificante e motivadora para continuar traballando nestas ensinanzas. 

IMPACTO

Para a expansión do aprendido durante este período algunhas medidas de impacto serán: 

  • Exposición ao alumnado acerca da experiencia 
  • Exposición ao resto do profesorado sobre o aprendido  
  • Levar a cabo co alumnado algunha das actividades 

A longo prazo, cando a situación sanitaria mellore, pódense plantexar as seguintes accións para seguir mantendo a comunicación intercentros: 

  • Viaxe do alumnado e profesorado para visitar ambos centros 
  • Comunicación a través de cartas ou mails para fomentar o coñecemento entre linguas (galego e portugués) 
  • Conexións por Skype ou outros medios para coñecerse e fomentar as novas tecnoloxías.
  • Posta en común de metodoloxías entre o profesorado de ambos centros para seguir compartindo experiencias