O profesor Manuel Sánchez Fernández  do Departamento de Informática realizou unha mobilidade a Sofía, do 4 ao 8 de novembro de 2019, dentro do programa Erasmus + KA103. Os obxectivos desta mobilidade  foron reforzar os enlaces de cooperación coa empresa na que  o alumno estaba realizando a FCT e crear novos contactos coa universidade IICT-BAS e outras empresas do sector das TIC.

Visitou a empresa, as instalacións, coñeceu algúns dos seus proxectos e entrevistouse co seu CEO (Chief Executive Officer) reforzando as ligazóns establecidas dado o grao de satisfacción co noso alumnado.

Despois dunha visita guiada as instalacións da Universidade reuniuse coa encargada dos programas de Erasmus + da IICT-BAS. Falaron dos distintos sistemas educativos de España e Bulgaria e das posibilidades de intercambio de alumnado entre as dúas institucións.

Visitou algunhas empresas do sector, ScaleFocus e Ukrinsoft, para concretar as posibilidades de admitir alumnado do noso centro.