A mobilidade Erasmus tería que realizala en Bournemouth, no Reino Unido, debido ás restricións pola COVID-19 tivo que realizar as súas prácticas mediante o teletraballo dende o 07/04/21 até o 21/06/21.
Ao teletraballar para empresa dende casa Iván sentiuse un pouco desilusionado, xa que non puido obter a experiencia de vivir nun país estranxeiro e traballar dende as propias oficinas da empresa.
As tarefas realizadas por Iván na empresa Dorset Creative baseábanse en realizar cambios nas páxinas web dos diferentes clientes da empresa. Tamén se realizaban reunións entre o alumnado e a empresa para desenvolver cales eran as tarefas a realizar e servían tamén para manter o contacto.
A pesar do negativo da mobilidade por non poder estar no pais, Iván destaca os aspectos positivos:
- A empresa mantivo unha boa relación.
- Aprendizaxe de como funciona unha empresa estranxeira.
- Aprendizaxe de novos coñecementos sobre programación.
- Mellora dos coñecementos aprendidos durante o Ciclo Superior.