Entre o 16 e o 29 de setembro de 2018 a docente Nieves García Díaz, pertencente ao Departamento de Inglés de Rodeira, visitou Dublín para realizar o curso ” Intensive English course at level C2 and CLIL for teachers” na Ulearn School.
Colaborou con docentes doutras nacionalidades (Brasil, Tailandia, Italia, Mongolia, Corea do sur…) en diferentes actividades destinadas a impartir materias non lingüísticas na lingua estranxeira en vez de empregar a nativa do alumnado.
A raíz desta experiencia, o centro solicitou unha sección bilingüe na materia optativa de Tecnoloxías da información e da comunicación de 1º de bacharelato. A cal foi aprobada e comezou a impartirse no curso 2019/20.