VINCULÁNDONOS CON EUROPA

En febreiro do 2019 o profesor Guillermo López Carballido , do departamento de Educación Física, estivo en Reikiavik realizando o curso Smart Teachers Play More.

Estaba formado por un total de 23 participantes de 10 nacionalidades diferentes (alemáns, irlandeses, gregos, checos, austriacos, suecos, etc…).

O curso foi impartido por dúas educadoras, unha Islandesa e outra Inglesa. Baseábase nunha metodoloxía de aprendizaxe práctica, centrada en aprender calquera contido desenvolvendo a confianza e a creatividade a través de xogos, movementos e os sentidos.

O centro estaba preto do complexo deportivo da cidade, polo que tivo a oportunidade de visitalo. O balonmán, as actividades sobre xeo e as piscinas de auga quente ao aire libre teñen una gran relevancia neste país.

Reikiavik, situada ao noroeste de Islandia, está considerada como a capital máis setentrional do mundo. Pola súa ubicación, os invernos tan solo brindan catro horas de luz ao día, mentres que, durante o verán, a luz do día oculta á noite case totalmente.