Durante os meses de abril e maio de 2019 dous alumnos do ciclo superior ASIR, do IES de Rodeira, estiveron realizando as prácticas no estranxeiro.
Andrés Abal Aldao e Daniel Sotelo Pérez realizaron a FCT na empresa TeachKloud en Cork, Irlanda.
O éxito foi total. Permitiulles mellorar os seus coñecementos en programación e computación na nube, ademais de perfeccionar o seu nivel de inglés e coñecer unha nova cultura.
Ambos o teñen claro: “É a mellor experiencia que se pode ter. Non dubidaría en realizar novamente o Erasmus+. Recoméndollo a todos os meus compañeiros”, afirma Daniel Sotelo nun artigo que saíu publicado na revista do Instituto, “Abre os ollos”. Pola súa parte, Andrés Abal afirma que “foi unha experiencia totalmente positiva debido a todo o que aprendín, o que vivín e a xente fantástica entre a que me atopei rodeado”.
Agora van realizar unhas charlas informativas destinadas ao alumnado de ciclos.
A nova foi publicada a súa volta, polo Faro de Vigo, comarca do Morrazo, o 5 de xuño de 2019