Rematado o prazo de presentación de solicitudes para cubrir tres bolsas Erasmus+ destinadas ao alumnado de Ciclos Medios, dentro da convocatoria 2021 no programa "PracticumDepo 2020", faise pública a LISTAXE PROVISIONAL de candidaturas seleccionadas por orde alfabética.
Bolsas alumnado Ciclos Medios 2020/21
Ábrese a convocatoria para cubrir 3 bolsas, destinadas ao alumnado titulado de Ciclos Medios, para realizar prácticas laborais en empresas ou organismos de países da Unión Europea.
Practicum Depo 2021
Hoxe, 23 de febreiro, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) a aprobación da lista definitiva dos centros de FP con Ciclos Medios da provincia de Pontevedra para formar o consorcio de mobilidade do proxecto “Practicum Depo 2021.
Resolución bolsas alumnado Ciclos Superiores, 1ª convocatoria 2020/21
No programa KA103-2020 foron seleccionadas cinco candidaturas para realizar a FCT , no estranxeiro, no periodo de marzo a xuño do 2021.
Bolsas alumnado C.M. 19/20
Ábrese a convocatoria para cubrir 1 bolsa para realizar a FCT en Irlanda para o alumnado do Ciclo Medio de Xestión Administrativa. Podes descargar a instancia en ir.gl/erasmus-CM2019 .
Convocatoria docentes C.M. 19/20
Ábrese a convocatoria para cubrir unha mobilidade docente a empresas, escolas ou institucións europeas co obxecto de procurar prácticas profesionais para o noso alumnado de ciclos medios, a través do noso consorcio coa Deputación de Pontevedra.
Persoal IES de Rodeira: oferta Erasmus+ curso 19/20
Para o ano académico 2019-2020 temos os seguintes proxectos concedidos con bolsas para persoal docente, PAS e equipo directivo.
Bolsas alumnado C.S. 19/20
Convocatoria Ciclos Superiores: péchase a convocatoria para cubrir 4 bolsas para realizar a FCT no estranxeiro de alumnado de Ciclos Superiores no período de abril a xuño 2020.