Ábrese a convocatoria para cubrir 3 bolsas, destinadas ao alumnado titulado de Ciclos Medios, para realizar prácticas laborais en empresas ou organismos de países da Unión Europea.
Adxudicación definitiva persoal C.M. 20/21
Rematado o prazo de presentación de alegacións á listaxe provisional para cubrir 1 bolsa Erasmus+ destinada ao persoal do centro, para realizar unha mobilidade en Malta, faise pública a LISTAXE DEFINITIVA da candidatura seleccionada.
Resolución bolsas alumnado Ciclos Superiores, 2ª convocatoria 2020/21
No programa KA103-2020 foron seleccionadas cinco candidaturas para realizar a FCT , no estranxeiro, no periodo de marzo a xuño do 2021.
Adxudicación definitiva docentes 3ª convocatoria KA104 2020
Unha vez finalizado o prazo de alegacións á adxudicación provisional, no proxecto Internacionalizar para as persoas adultas programa KA104 2020, na terceira convocatoria faise pública a adxudicación definitiva da mobilidade.
Resolución Definitiva Bolsas alumnado Ciclos Medios 2020/21
Rematado o prazo de alegacións á adxudicación provisional das bolsas Erasmus+ , destinadas ao alumnado de Ciclos Medios dentro da convocatoria 2021 no programa "PracticumDepo 2020", faise pública a LISTAXE DEFINITIVA do alumnado beneficiario por orde alfabética.
Resolución bolsas alumnado Ciclos Superiores, 1ª convocatoria 2020/21
No programa KA103-2020 foron seleccionadas cinco candidaturas para realizar a FCT , no estranxeiro, no periodo de marzo a xuño do 2021.
Premio extraordinario FP
Daniel Sotelo Pérez, alumno do centro , acadou un dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2018/19, concedidos pola Orde do 2 de novembro da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, publicada o 10 de novembro no Diario Oficial de Galicia. Este premio, recoñece e valora o esforzo e a … Continue reading Premio extraordinario FP
Bolsas alumnado C.M. 19/20
Ábrese a convocatoria para cubrir 1 bolsa para realizar a FCT en Irlanda para o alumnado do Ciclo Medio de Xestión Administrativa. Podes descargar a instancia en ir.gl/erasmus-CM2019 .
Persoal IES de Rodeira: oferta Erasmus+ curso 19/20
Para o ano académico 2019-2020 temos os seguintes proxectos concedidos con bolsas para persoal docente, PAS e equipo directivo.
Bolsas alumnado C.S. 19/20
Convocatoria Ciclos Superiores: péchase a convocatoria para cubrir 4 bolsas para realizar a FCT no estranxeiro de alumnado de Ciclos Superiores no período de abril a xuño 2020.