VINCULÁNDONOS CON EUROPA

Course: “Environmental Education and outdoor education in non-formal settings”

Environmental education (EE) connects us to the world around us, teaching us about both natural and built environments, raising awareness on issues that impact the environment upon which we all depend, as well as actions we can take to improve and sustain it.

Environmental Education has many benefits for youth, educators, schools, and communities.

Do 11 ao 15 de novembro de 2019 a profesora Beatriz Regueira Gómez , do Departamento de Matemáticas, estivo en Nicosia realizando dito curso.

A preservación do planeta é cousa de todos. Diso non hai dúbida. Por iso resulta alentador confirmar que alá onde vaias encontras xente que loita por concienciar ós seus concidadáns e poñen en marcha proxectos que intentan mellorar ou solucionar situacións de estragos debidas á man do home.
Tivemos a ocasión de coñecer xente coma o xerente dunha ecogranxa que, apostando todo o seu patrimonio, puxo un proxecto como ése en marcha, no medio dun monte, nun país pequeno (arredor dun millón de habitantes) e que, de primeiras, non parece un país que poda abandeirar a loita pola preservación do planeta.
Por outra banda, os profesores presentes viñamos de lugares tan diversos coma Francia, Austria, Grecia, Alemania, España, etc. Todos estabamos alí porque en todos os centros de Europa hai unha preocupación real polo estado do planeta e temos un sentimento de urxencia. Hai que facer algo e as escolas e institutos teñen un papel moi importante xa que están a educar ós cidadáns do futuro.

Xunto cos alumnos de 3º PEMAR, antes das Navidades, fixemos uns obradoiros de envolver con “furoshiki”. A arte xaponesa de envolver con panos os regalos é un exemplo de que hai alternativas ós materiais de un so uso mellores en canto a orixinalidade así como en outros aspectos

IMPACTO

De todas as actividades/proxectos que se levaron ou se van a levar a cabo, o que máis impacto terá en caso de que podamos desenvolvelo, será o proxecto europeo co BORG Kindberg. Xunto con este instituto austríaco solicitamos un proxecto Erasmus k2 para o próximo curso. De ser elexidos e, por tanto, subvencionados, durante máis de un ano estaremos a facer actividades á par que os nosos colegas austríacos que involucrarán a todo o instituto e que terán por obxectivo concienciar ás novas xeracións da necesidade de preservar o noso entorno natural e cultural. Ademáis, 20 dos nosos rapaces, participarán nun intercambio viaxando durante unha semana a Austria e recibindo despois ós rapaces austríacos nas súas casas. Durante unha semana, os rapaces austríacos coñecerán a realidade das costas e o mar hoxe en día, así como os perigos que os ameazan. Os nosos rapaces farán o mesmo pero nun medio alpino onde traballarán sobre problemáticas como a desaparición gradual dos glaciares.