Durante o curso académico 2019-2021, o IES de Rodeira desenvolverá o proxecto europeo KA104: “Internacionalizar para os adultos” cofinanciado polo programa Erasmus + da Unión Europea.
Co noso proxecto pretendemos desenrolar estratexias para a inclusión social e educativa e mellorar o emprego do noso alumnado. Para dar resposta ás necesidades educativas é preciso mellorar as habilidades dos docentes encamiñadas a fomentar a lectura, implementar as TIC e introducir novas metodoloxías para promover unha aprendizaxe vivencial e significativa no ámbito da formación permanente de adultos.
A. Área de mellora do centro escolar (internacionalización do centro e aspectos pedagóxicos, organizativos e de gestión).
A1. Job-shadowing en centros educativos ou instituciones de educación para adultos nos que observar boas prácticas relacionadas coa xestión e organización de obradoiros e outra oferta formativa a adultos, con especial atención á alfabetización de adultos inmigrantes en lenguas non maternas e adultos en lenguas minoritarias.
A2. Job-shadowing en centros educativos de Portugal para observar boas prácticas relacionadas coa xestión documental e arquivo da información, matrícula e difusión das actividades e obradoiros ofertados, especialmente no ámbito das redes sociais.
A3. Job-shadowing en centros educativos con especial significación no desarrollo e xestión de programas europeos no sector de adultos
B. Área de mellora dos alumnos de adultos.
B1. Job-shadowing en bibliotecas referentes en boas prácticas educativas para o fomento da lectura de adultos e a escritura expresiva e creativa.
B2. Job-shadowing en centros de adultos con servizos de orientación profesional e laboral con especial referencia ao uso das redes sociais e servizos de mensaxería.