Responsable do tratamento

IES de Rodeira, Consellaría de Educación, Universidade e Formación Profesional, Xunta de Galicia.

Por que e para que tratamos os seus datos:

Os datos úsanse unicamente para xestionar as mobilidades no estranxeiro.

O seguimento do alumnado forma parte da xestión. Publícanse os nomes e as fotografías do alumnado participante na web do centro e no blog, con eco nas redes sociais, cumprindo o compromiso contractual de difusión coa Axencia Nacional.

Duración

Os datos serán almacenados unicamente o tempo requirido polo programa Erasmus+.

Reciben parte dos datos persoais do alumnado participante as seguintes institucións:

A empresa coa que se contrate o seguro de coberturas da mobilidade.

Empresas e institucións no proceso de busca de destino das mobilidades (CV do alumnado participante).

Empresa ou institución de acollida, durante o período da mobilidade.

SEPIE: Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (Axencia Nacional Erasmus+).

Plataformas da UE: MobilityTool+, eTwinning e OLS.

Dereitos do alumnado

Para calquera consulta ou acción en relación á protección de datos (dereito de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación do tratamento, portabilidade e de non ser obxecto de decisións individualizadas) é preciso dirixirse a ies.rodeira@edu.xunta.gal ou ao IES de Rodeira cuxo enderezo é Avda. Ourense,  s/n – 36940, Cangas, Pontevedra.