INTERNACIONALIZAR PARA OS ADULTOS

Actividade B1. Observar bibliotecas con boas prácticas en fomento da lectura de adultos.

Jobshadowing no Lycée d’Enseignement Général et Technologique Agricole de Vendôme-Areines (Francia)

Entre o 3 e o 7 de febreiro de 2020, Carmen Soto Cano, coordinadora da que foi Implementación voluntaria do Portfolio Europeo de Linguas (galego, castelán, inglés e francés) e profesora do departamento de francés participou nun Jobshadowing no Lycée d’Enseignement Général et Technologique Agricole de Vendôme-Areines (Francia).

O LEGTA conta cunha oferta formativa xeral (os equivalentes a 4º Eso, Primeiro e Segundo Bacharelato) así como Ciclos superiores de Anabiotec (Análises Agrícolas, Biolóxicos e Biotecnolóxicos,) de Xestión e Protección da Natureza e de Produccións Animais. Os centros agrícolas constitúen un 2% da oferta educativa francesa.

Ten unha biblioteca escolar nova, creada hai 3 anos. Moi dinámica, nela traballan dúas Profesoras documentalistas que, ademáis de organizar o Cdi e levar a cabo técnicas de xestión documental teñen misións pedagóxicas claras dentro dos programas, animando e participando no desenvolvemento cultural do alumnado. Neste sentido, coordinan eventos de lectura bianuais como o “Desafío Lectura” rexional, ou o “Desafío Lectura científico”, interactúan con outros docentes en accións de creación literaria, de investigación de iniciativa nacional ou rexional,” e ensinan formación de usuarios vinculada ás diferentes áreas nas chamadas “Clases Mutuas”. Tralas pescudas documentais, o alumnado elabora productos dixitais multiformato amosados ó publico en xeral en stands informativos, e acompañados con exposicións orais.