Mediante o programa Erasmus+ KA103, o alumnado dos Ciclos Superiores de DAW on line e de ASIR realizan as súas prácticas en Bournemouth .

Iván Alonso Vidal e Misael Cordeiro Vinces, alumnos de ASIR, non viaxaron ao país de destino polas restricións do COVID-19 mais realizaron a FCT dende a casa na empresa Dorset Creative. A súa mobilidade realizouse dende o 7 de abril ao 21 de xuño de 2021.

Jorge Figueira Badín , alumno C.S. DAW on line, relizou a FCT no estranxeiro do 16 de setembro ao 28 de novembro do 2019 . Compartiu con nós a súa experiencia, podes lela no seguinte artigo.